Enerxías alternativas e socioecosistemas: paisaxes presentes e futuras (17/11)

20/11/2023

O pasado venres celebráronse as xornadas organizadas polo CISPAC no Edificio Fontán. Nelas tratáronse cuestións como os mecanismos para afrontar diferentes escenarios dos socioecosistemas, o papel humano nestes procesos, posicións como as do ecofeminismo e cambio tecnolóxico no noso territorio.

A continuación deixamos unha escolma fotográfica do evento, que contou coa presenza de Manuel Casal Lodeiro (Instituto de Resiliencia), Teresa Táboas Veleiro Unión Internacional de Arquitectos), Giulia Costanzo Talarico (Universidad Pablo de Olavide), Mario Pansera (UVigo), Aranza González (Plataforma Aire Limpo As Mariñas-Mandeo), Torcuato Teixeira (Plataforma en defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños), Mauro Vázquez (Belian Energy), Eduardo Corbelle (USC e CISPAC) e Xavier Simón (UVigo e CISPAC).

Facebook
Twitter