Encontro: Novas Investigadoras en Arqueoloxía romana e medieval

20/10/2023

O CISPAC e o INCIPIT do Consejo Superior de Investigaciones Científicas,  organizan un encontro os vindeiros 25 e 26 de outubro que permitirá divulgar e difundir proxectos de investigación arqueolóxica de toda Europa nunhas xornadas científicas e divulgativas.

O Encontro está financiado polo Proxecto ECOLOC “Ecologías y economías locales en la Alta Edad Media” do investigador José Carlos Sánchez Pardo da Universidade de Santiago de Compostela, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Conta co apoio institucional do CISPAC e do Incipit-CSIC, así como de diferentes empresas de arqueoloxía galega como ANTIGA: Arqueoloxía e Patrimonio, CADO Arqueoloxía e Tempos Arqueólogos. 

Este encontro busca ser ese espazo de xuntanza entre as investigadoras que traballan na pinza cronolóxica comprendida entre o período republicano romano e a Baixa Idade Media desde unha perspectiva arqueolóxica. Así, o propósito principal é poñer en común os diferentes proxectos de investigación que están a ser levados a cabo por mulleres neste campo, compartindo experiencias, dificultades e retos aos que se tiveron que enfrontar.

Inscrición libre até completar aforo. Para te inscribir, enche o formulario na seguinte ligazón: https://forms.gle/PCb1MeVmiFxdYheg6

Podes descargar o programa completo aquí debaixo.

Facebook
Twitter