Encontro e benvida do novo persoal investigador vinculado

03/07/2024

O CISPAC organiza o vindeiro 15 de xullo un acto de benvida para o novo persoal investigador adscrito ao centro.

Neste encontro presentaranse as instalacións e liñas de traballo aos novos investigadores e investigadoras, así como se celebrarán unha serie de sesións paralelas de traballo por campo temático. Algúns dos principais elementos que se tratarán estarán vencellados aos servizos que ofrece o centro, así como ás aportacións que este novo persoal adscrito pode aportar ao mesmo, e o intercambios e propostas de colaboración conxuntas de proxectos.

O acto dará comezo ás 10.30 horas na Sala de eventos do Edificio Fontán, e desenvolverá as actividades comentadas ao longo de toda a mañá. Podes descargar o programa do evento e o cartel a continuación.

Facebook
Twitter