Luis Toledo Machado, investigador do CISPAC e membro do grupo de investigación HISTAGRA, vén de lanzar a páxina web “ECOMUNIDADES Utopia, comunidade e alternativas ecológicas. A volta ao campo nos países de língua portuguesa”. Este proxecto posdoutoral, desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Xunta de Galicia, ten como obxectivo repensar a formación de comunidades ecolóxicas rurais no espazo lusófono entre as décadas de 1960 e 1980. O foco principal está centrado nos intercambios transnacionais que facilitaron a circulación destas prácticas e nas transformacións que estas iniciativas utópicas xeraron na concepción da relación entre os seres humanos e a natureza.
A páxina web, baseada nos principios da Ciencia Aberta, irá incorporando progresivamente diversas ferramentas de investigación e información actualizada sobre o desenvolvemento do proxecto. Actualmente, dispón dun mapa colaborativo con máis de 100 comunidades no Brasil, que permite engadir novas entradas por parte de habitantes destas iniciativas, especialistas e persoas interesadas:
Para máis información e para participar no proxecto, podes visitar a páxina web oficial premendo aquí.