O 16 e 17 de outubro o CISPAC albergará o curso ‘Dinámicas transfronteirizas: envellecemento e desequilibrio’ organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e codirixido por Laura Oso (UDC-CISPAC) e Antón Losada (USC-CISPAC).
O principal obxectivo deste curso é facer fronte aos retos que aborda a xestión da paisaxe transfronteiriza, pensando en termos amplos e incluíndo o compoñente sociocultural. Para iso, vaise desenvolver unha aproximación ao reto do envellecemento e o desequilibrio territorial da fronteira entre Galicia e o Norte de Portugal.
Os principais eixos temáticos do presente curso son:
- Envellecemento poboacional e desequilibrio territorial
- Fecundidade e xestión de coidados
- Políticas públicas e iniciativas da sociedade civil ante o envellecemento e o desequilibrio.
A entrada e libre e as prazas son limitadas, máis información e inscrición na seguinte ligazón. Podes descargar o programa completo a continuación.