Entre o 24 e o 27 de xuño, a Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela albergará o curso de verán “A Cidade das Damas: espazos, lugares e paisaxes das mulleres con poder da Idade Media”. O curso aborda a relación das mulleres medievais co espazo no que exerceron poder e representación. Analiza como construíron e empregaron espazos políticos, simbólicos e patrimoniais, tanto no ámbito urbano como territorial. Tamén ofrece ferramentas para interpretar estas dinámicas en clave de xénero e comprender as estratexias femininas de proxección e memoria.
A dirección do curso está a cargo de Diana Pelaz Flores, investigadora do CISPAC e profesora da USC, e de Miguel García-Fernández, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS). Do mesmo xeito, varias das sesións estarán impartidas por investigadores e investigadoras do noso centro como José Carlos Sánchez Pardo, Rosa Rodríguez Porto ou Simon Doubleday.
Este curso conta cun co-financiamento do proxecto La reginalidad ibérica desde/hacia la Europa atlántica. Economías territoriales, escenarios curiales y geografías relacionales (ss. XII-XV) – (Ref. PID2022-141727NB-C22)
O prazo de matrícula está aberto ata o 13 de xuño, dispoñible na seguinte ligazón:
