O 27 e 28 de outubro, na Facultade de Xeografía e Historia da USC, terá lugar o workshop Cultural Interactions and Power in the Atlantic European Landscapes, enfocado na análise das relacións de poder como elemento esencial para comprender determinadas transformacións a escala social e cultural.
Cun foco temporal que abrangue dende a Idade do Ferro ata a Alta Idade Media, este congreso reúne a investigadores de máis de 10 centros de investigación co obxectivo de explorar como cultura e poder se entrelazan en distintos contextos, situacións e expresións humanas.
Este workshop está organizado por Samuel Nión-Álvarez, Irene García-Losquiño e José Carlos Sanchez-Pardo e financiado polo grupo de investigación “Síncrisis: Investigacións en Formas Culturais” (USC).
Programa completo no documento embaixo.