Seminario de investigación: Clarice Libânio

06/06/2025

O vindeiro martes 17 de xuño, o CISPAC acollerá a conferencia da antropóloga brasileira Clarice de Assis Libânio, baixo o título “Cultura na periferia: enfrentamento, potência e reinvenção do território. Um olhar a partir das favelas de Belo Horizonte, Brasil”.

Clarice de Assis Libânio é investigadora visitante na UDC cunha bolsa do Ministerio de Cultura e a Secretaría de Estado de Cultura e Turismo de Minas Gerais. Doutora en Arquitectura e Urbanismo e con formación en Socioloxía e Economía, é fundadora da ONG Favela é Isso Aí e autora da Guia Cultural de Povos e Favelas de Belo Horizonte. Ten desenvolvido un intenso traballo como docente e consultora en ámbitos como o patrimonio, as políticas urbanas e as metodoloxías participativas.

A actividade, organizada en colaboración co Grupo de Investigación en Experiencia Turística (EXPER.TUR) da Universidade da Coruña, analizará a evolución das políticas públicas nas favelas brasileiras e o papel das prácticas culturais nestes espazos como ferramenta de transformación social, política e territorial.

A actividade dará comezo ás 11h no seminario 103 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura).

Facebook
Twitter