A Universidade de Santiago de Compostela convoca un proceso de selección e avaliación de persoal investigador en formación asociadas a proxecto de xeración do coñecemento no marco do programa estatal para impulsar a investigación científico-técnica e a súa transferencia, do Plan estatal de investigación científica, técnica e de innovación 2021-2023, para a contratación de persoal investigador predoutoral.
Nesta orde Ramón Fábregas Valcarce, baixo a referencia PID2022-142337NB-I00 no Anexo I e como investigador principal, oferta unha praza no CISPAC na sub área de Arqueoloxía cunha duración de tres anos.
Podes ler a convocatoria completa e toda a información referida na seguinte ligazón: https://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-30&id=4986&t=9&st=0
Data límite: 30 de outubro