Conversacións transatlánticas sobre memoria e historia recente. Diálogos entre España e a Arxentina

27/11/2024

O próximo xoves 28 de novembro terá lugar o seminario Conversacións transatlánticas sobre memoria e historia recente. Diálogos entre España e a Arxentina, organizado polo grupo HISTAGRA e polo CISPAC, en colaboración co Grupo de Estudios sobre Historia Reciente y Memoria Social do Instituto Gino Germani (Universidad de Buenos Aires).

O evento reunirá especialistas galegas e arxentinas no estudo da memoria e da violencia, promovendo un diálogo enriquecedor sobre os procesos históricos en ambos contextos. A través das intervencións de expertas, abordarase o papel da memoria na construción de políticas públicas e na xustiza social.

Relatoras e intervencións:

  • Cecilia Vázquez Lareu (Instituto Gino Germani – UNC): “Los desaparecidos de Ford: un hito en la sanción de la responsabilidad empresarial en crímenes de lesa humanidad.”
  • Vanesa Garbero (CONICET – Universidad Nacional de Córdoba): “De centros clandestinos a sitios de memoria. La Perla y Campo de la Ribera y sus políticas de memoria.”
  • Conchi López Sánchez (USC – HISTAGRA – CISPAC): “A terra con memoria: exhumación das fosas do Golpe, da Guerra e da Ditadura franquista.”
  • Alba Garrido Fernández (USC – HISTAGRA – CISPAC): “Traxectorias e experiencias vitais dos deportados galegos aos campos de concentración da Alemaña Nazi.

O evento dará comezo no Seminario 103 ás 16h. Toda a información na web do grupo HISTAGRA.

Facebook
Twitter