Conferencia de Marco Armiero

13/02/2023

O xoves 16 de febreiro, o cispac recibe a visita de Marco Armiero coa súa presentación ‘A natureza de Mussolini. Unha historia ambiental do fascismo‘.

Esta actividade, que comeza ás 12:00 h, no Seminario 103 do CISPAC, encádrase no seo do Ciclo de Conferencias organizadas polo Grupo HISTAGRA.

Marco Armiero (Doutor en Historia Económica) é historiador do medio ambiente e actualmente traballa como investigador principal no Consello Nacional de Investigación de Italia. Foi un dos fundadores do campo da historia ambiental en Italia e coautor, xunto con Stefania Barca, do primeiro libro de texto italiano sobre o tema, Storia dell’Ambiente. Una Introduzione (2004). Os seus principais temas de estudo foron a historia dos conflitos ambientais ao redor dos dereitos de propiedade e o acceso aos recursos comúns (bosques e mar), a política da natureza e a paisaxe na construción da nación italiana e a historia ambiental das migracións masivas.

A entrada será libre e gratuita, e a intervención poderase seguir telemáticamente a través da seguinte ligazón:

https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_ODZmZGQwYzQtMTgzNi00YzRiLWI5ZTktOWIyNmUyZGY2ODli%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%228f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b%22%2c%22Oid%22%3a%22defce005-c48c-45e5-8fae-5d17b95319bd%22%7d

Facebook
Twitter