O CISPAC recibe á chef galega, con estrela Michelin, Lucía Freitas.
O vindeiro luns 23 de xaneiro, o CISPAC recibe a visita da chef compostelá Lucía Freitas, xefa de cociña do restaurante A Tafona, galardoado cunha estrela Michelin 2018, ademais de 2 Soles na Guía Repsol.
Durante a súa intervención, a chef presentará as principais liñas conceptuais que vertebran o seu traballo, o que ela mesma define como Vangarda Primaria, unha filosofía que tenta poñer en valor na alta cociña o potencial identitario da súa terra, poñendo a mirada no esencial e reivindicando o papel das verdadeiras protagonistas do ecosistema gastronómico galego (produtoras, vendedoras e cociñeiras).
Así mesmo, presentará o proxecto Amas da Terra, que está a dar os seus primeros pasos e que pretende facer unha homenaxe de xustiza á cadea de valor do sostén da gastronomía de Galicia e de todas as gastronomías do mundo : as mulleres facedoras, produtoras, cociñeiras, gandeiras, mariscadoras, emprendedoras e sabias do rural.
O evento terá lugar dende as 11:00 h na Aula 10 do Edificio Fontán, Cidade da Cultura,
Santiago. A entrada é libre e de balde, previa confirmación de asistencia no enderezo
cispac.xestion@usc.es
Tamén se poderá seguir en liña na seguinte ligazón: