Conferencia de Enrique Perdiguero Gil e Eduardo Bueno Vergara

07/03/2023

O xoves 9 de marzo, o CISPAC recibe a visita de Enrique Perdiguero Gil e Eduardo Bueno Vergara, coa súa presentación ‘Reforma sanitaria e medicina rural: ¿Un encuentro imposible?‘.

Enrique Perdiguero Gil é doutor en Medicina pola Universidade de Alacante e
catedrático de Historia da Ciencia na Universidade Miguel Hernández de Elxe. É
director da sede, nesta universidade, do Instituto Interuniversitario López Piñero e do
Grupo de Estudos Avanzados en Historia da Saúde e a Medicina. As súas liñas de
investigación centráronse na historia da saúde pública en España, en especial no
relacionado coa educación sanitaria, e na historia do pluralismo asistencial.

Eduardo Bueno Vergara é doutor en Historia pola Universidade de Alacante e máster en
Historia da Ciencia e Comunicación Científica. É profesor axudante doutor na área de
Historia da Ciencia da Universidad Miguel Hernández de Elxe e investigador do
Instituto Interuniversitario López Piñero. As súas liñas de investigación centráronse na
historia do clima, o control dos alimentos e a saúde e a enfermidade no Alacante do
século XVIII. Actualmente, a súa principal liña de investigación aborda a historia da
saúde e a enfermidade no contexto da ditadura franquista.

Esta actividade, que comeza ás 12:00 h, no Seminario 103 do CISPAC, encádrase no seo do Ciclo de Conferencias organizadas polo Grupo HISTAGRA.

A entrada será libre e gratuita, e a intervención poderase seguir telemáticamente a través da seguinte ligazón:

https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_ODZmZGQwYzQtMTgzNi00YzRiLWI5ZTktOWIyNmUyZGY2ODli%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%228f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b%22%2c%22Oid%22%3a%22defce005-c48c-45e5-8fae-5d17b95319bd%22%7d

Facebook
Twitter