Conferencia de Darina Martykánová

17/01/2023

O xoves 19 de xaneiro, o CISPAC recibe a visita da historiadora Darina Martykánová coa súa presentación ‘Héroe y víctima. El médico rural en el discurso corporativo de los médicos en el siglo XIX’.

Esta actividade, que comezará ás 12:00 h, no Seminario 103 do CISPAC, encádrase no seo do Ciclo de Conferencias organizadas polo Grupo HISTAGRA.

Darina Martykánová é historiadora especialista na historia das profesións tecno-científicas (enxeñeiros e médicos) e na produción e circulación transnacional de coñecementos técnicos e científicos. Ademais, investiga sobre as masculinidades e o discurso do progreso e da civilización.

A entrada será libre e gratuita, e a intervención poderá seguirse telemáticamente a través da seguinte ligazón:

https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_MDRhYWVjN2ItZjcwOS00ZGVjLThjN2MtMWNjM2Q2ZDI4NDI4%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%228f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b%22%2c%22Oid%22%3a%227d89a591-1a3e-49aa-9e8f-4e781869d56a%22%7d

Facebook
Twitter