O vindeiro 1 de outubro celebrarase na Universidade de Vigo unha nova actividade do proxecto EC4RURAL (LIFE22-CET-EC4RURAL-101120607) baixo o título “Comunidades enerxéticas rurais: tendendo pontes entre a acción local e a transición cara a enerxías limpas”.
O encontro reunirá a especialistas de universidades, administracións e entidades do sector enerxético para debater sobre o papel das comunidades enerxéticas rurais na transición cara a un modelo sostible e distribuído. O programa inclúe sesións sobre contextualización e boas prácticas, liderado local e innovación territorial, políticas públicas inclusivas, así como espazos de debate e intercambio.
A conferencia contará cun sistema de tradución simultánea galego-inglés e ofrecerá modalidades de participación presencial e en liña. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o 15 de setembro a través da web do proxecto ou premendo aquí.
EC4RURAL (Energy Citizenship and Energy Communities for a Clean Energy Transition in Rural Areas) está coordinado polo investigador Xavier Simón Fernández, director de transferencia do CISPAC. O proxecto está financiado polo programa LIFE da Unión Europea e ten como obxectivo empoderar as zonas rurais na transición enerxética, promovendo o concepto de cidadanía enerxética e apoiando a creación de comunidades enerxéticas locais como axentes clave dun sistema máis limpo e sostible.
Podes consultar máis información sobre o proxecto e sobre o persoal interventor do evento a continuación:








