Comunidades enerxéticas e iniciativas comunitarias. O ecosistema galego

29/10/2024

O CISPAC colabora na xornada “Comunidades enerxéticas: novos horizontes para a enerxía local en Galicia,” organizada polo Observatorio Eólico de Galicia. Este encontro celebrarase o 21 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo e está deseñado para informar e fomentar o debate sobre as oportunidades e desafíos das comunidades enerxéticas en Galicia. A sesión contará coa participación de entidades públicas e representantes de proxectos que traballan no eido da transición enerxética.

A xornada destacará iniciativas exemplares de concellos como Vilasantar, Moeche, Xermade e Muíños, e proxectos europeos como ALDEALIX, CEL RURAL, COMENERG e EC4RURAL, coordinado pola Universidade de Vigo. Pechará o evento a presentación do parque eólico comunitario ENERCOM, primeira iniciativa deste tipo en Galicia.

Para asistir, é necesaria inscrición previa. Para máis información, pódese contactar co Observatorio Eólico de Galicia en observatorio.eolico@uvigo.gal.

Facebook
Twitter