Ciudades resilientes: participación democrática y ecología. Repensar para construir comunidades inclusivas y sostenibles

01/06/2026

O CISPAC acollerá o vindeiro 11 de xuño ás 12h “Ciudades resilientes: participación democrática y ecología. Repensar para construir comunidades inclusivas y sostenibles”, unha actividade do Festival New European Bauhaus que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia. A sesión propón un espazo de reflexión crítica arredor das transformacións urbanas contemporáneas e dos desafíos que afrontan as cidades na construción de comunidades máis inclusivas, sostibles e diversas.

No encontro participarán Ismael Yrigoy, Noelia Parajuá, Gabriel Muleiro e Cristina Botana, que abordarán cuestións como a relación entre mercado inmobiliario e segregación socioespacial, o incremento dos prezos da vivenda, a transformación dos centros históricos, os sistemas sostibles de distribución alimentaria ou as novas formas de organización colectiva que emerxen nos espazos urbanos. A actividade contará tamén coa presenza de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago de Compostela, que achegará a súa experiencia sobre os retos e oportunidades da planificación urbana na cidade.

A actividade forma parte da programación de eventos satélite do New European Bauhaus, iniciativa europea orientada a repensar os espazos de vida desde a sustentabilidade, a inclusión e a calidade estética. O encontro está coordinado por Gabriel Muleiro e conta coa colaboración do CISPAC, a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación HISTAGRA.

Facebook
Twitter