Ciencia e Conciencia no Século XXI | I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios do SUG

27/01/2025

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), a Economics and Business Administration for Society (ECOBAS) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) únense para organizar a I Xornada dos centros de investigación interuniversitarios do SUG, baixo o lema Ciencia e conciencia no século XXI.

Estas xornadas teñen como obxectivo dar a coñecer os tres centros de investigación de nova xeración e fortalecer as estratexias de cooperación entre os seus investigadores. A sesión tamén busca abrir un espazo para a reflexión sobre a ciencia no século XXI, abordando a súa relación coas necesidades sociais e os retos aos que se enfronta a investigación nun mundo en constante cambio, tanto tecnolóxico como ambiental. O evento explorará liñas de traballo inter ou transdisciplinares para definir problemas de investigación de impacto social, tecnolóxico ou ambiental.

A xornada terá lugar o 20 de febreiro na sala 9 do Edificio Fontán. Podes consultar a continuación o programa completo e o formulario de rexistro.

Facebook
Twitter