Ciclo Pasados Incómodos: Antifranquismo, os e as protagonistas

05/03/2025

O Grupo HISTAGRA, en colaboración co CISPAC, organiza un conxunto de mesas redondas sobre o antifranquismo en Galicia onde participarán protagonistas dos movementos políticos e sociais dos anos 70.

A primeira das mesas, o vindeiro luns 10 de marzo ás 19h, contará coas intervencións de Carlos Barros, movimento estudantil (SDE) e dirixente clandestino do PCG, Castrelo, Vigo 1972; Modesto Pose Mesura, estudante de Medicina e militante socialista na clandestinidade (PSOE); Carlos Vázquez, consiliario da Juventud Obrera Católica (JOC) en 1966, militante da ANPG; Madó Domínguez, activista en movementos sociais e veciñais composteláns e militante sindical; e Nanina Santos Castroviejo, Comités de Curso, pertenceu á Federación de Comunistas e participou na creación da A G M (1976).

A segunda mesa celebrarase o vindeiro luns 17 de marzo, tamén ás 19h. Nesta ocasión, participarán Encarna Otero desde 1967 militou no movemento estudantil e nacionalista. Exiliada en 1971 Toulouse; Manuel Monge, activo militante veciñal, sindical e antifranquista na ORT; Luís Gonçales Blasco “Foz” Consello da Mocidade (1962), UPG (1964), exiliado asinou Carta de Brest; Carlos Baliñas. candidato ao Senado 1977 pola Candidatura Democrática Galega; Anxela Loureiro foi militante das XXCC de Ferrol e CCOO do comercio; e Alfonso Tellado foi traballador da Bazán desde neno, e activo militante sindicalista durante a transición.

Ambas sesións terán lugar na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia. Podes consultar máis información na súa web.

Facebook
Twitter