As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX

20/03/2024

O pasado 20 de marzo foi presentada a exposición ‘As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX’ no Claustro Alto do Colexio de Fonseca. Esta exposición está comisariada por Luisa Muñoz Abeledo, investigadora do CISPAC e directora da Cátedra Juana de Vega.

Na inauguración desta exposición, a comisaria destacou a importancia de visibilizar a figura histórica das mulleres de clase popular, centrándose esta mostra nas traballadoras da industria peixeira. Acompañándoa no acto estaban José Manuel Andrade, xerente da Fundación Juana de Vega. Este sinalou o valor desta exposición para demostrar o papel protagónico das mulleres galegas no progreso económico e social da sociedade rural galega.

A mostra estará dispoñible no Pazo de Fonseca ata o 9 de abril, cun horario de visita libre e de balde comprendido entre as 11 e as 14h, e entre as 17 e as 20.30h. Podes consultar máis información na nota publicada pola Universidade de Santiago de Compostela.

Facebook
Twitter