O próximo 5 de decembro de 2024, o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a xornada “Aprendizaxes dende as voces das mulleres no rural”, organizada pola Cátedra Juana de Vega e na que colabora o CISPAC. A actividade busca explorar os desafíos e conquistas das mulleres nos espazos rurais galegos, así como fomentar o intercambio de saberes e a creación de redes.
O programa inclúe palestras a cargo de expertas da USC, microconversatorios, unha feira de entidades e un faladoiro onde participarán cooperativas e asociacións de diferentes partes de Galicia. Ademais, para facilitar a conciliación, haberá talleres científicos para nenas e nenos de 6 a 12 anos durante a sesión de tarde.
O evento terá lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo. Consulta o programa completo e inscríbete aquí.