Aevum. Idade Media e Medievalismos, novo grupo de investigación da USC

02/05/2024

No mes de abril formouse un novo grupo de investigación adscrito ao Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Aevum. Idade Media e Medievalismos (GI-2213), estará coordinado pola investigadora Diana Pelaz Flores e traballará na análise da Idade Media e das súas características políticas, sociais e culturais a través da Arqueoloxía, da Historia, da Historia da Arte e da Filoloxía. Ademáis, abordará o estudo da pegada medieval noutras épocas históricas, así como das súas manifestacións na sociedade actual.

Ireñe García Losquiño, José Carlos Sánchez Pardo e Rosa María Rodríguez Porto, persoal científico adscrito ao noso centro, pasan a formar parte deste grupo de investigación.

Para coñecer máis información sobre as liñas de traballo, servizos e proxectos asociados de Aevum, podes consultar a seguinte ligazón.

Facebook
Twitter