O vindeiro 28 de abril, o CISPAC acollerá unha nova edición dos cursos de formación de RURALtXA!, baixo o título “As bestas que coidan o monte: xestión comunal das greas para a conservación”.
Co obxectivo de promover unha xestión sostible do territorio e dar visibilidade aos saberes tradicionais e comunitarios, o curso abordará aspectos clave como os trámites administrativos, os aspectos ecolóxicos, os requerementos de manexo, o uso de ferramentas tecnolóxicas e as oportunidades de financiamento. Contará coa participación de persoas expertas como Laura Lagos Abarzuza (CISPAC-UDC), Manuel Jiménez Vicente (Xunta de Galicia), Jose María Ramírez (Ixorigue), Alejandro Vázquez Moliní (FOGGA) e Ovidio Queiruga González (CM de Baroña).
A actividade celébrase co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Esta actividade terá lugar no Seminario 103 do CISPAC ás 16.30h, e require de inscrición previa á que podes acceder premendo aquí.