A revista T·I·A·S aborda a forza das comunidades no seu novo número coa colaboración do CISPAC

17/06/2026

A revista T·I·A·S. This Is Also Science continúa a consolidarse como unha proposta de divulgación científica orientada a facer máis accesible o coñecemento académico. O proxecto, impulsado polo Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo e coa colaboración do CISPAC, transforma investigacións científicas en relatos dirixidos a públicos amplos cunha vontade divulgativa.

O terceiro número da revista, titulado O poder da colectividade, sitúa no centro a importancia das comunidades, da cooperación e das formas colectivas de organización. A través de diferentes relatos, o volume aborda cuestións relacionadas coa participación social, a democracia, os saberes comunitarios, a educación ambiental ou as respostas colectivas ante os desafíos ecolóxicos e sociais.

Como parte desta nova etapa, T·I·A·S presentará un número especial ilustrado que contará tamén con versións en braille e en formato sonoro. A proposta amplía a dimensión accesible da revista e reforza a idea de que a divulgación científica debe atender tamén á diversidade de públicos, linguaxes e capacidades. Esta será o vindeiro venres 26 en Vigo, no edificio Redeiras.

Máis información na web da iniciativa.

Facebook
Twitter