A Praza de Abastos e o dereito á alimentación en Compostela

11/03/2025

O xoves 13 de marzo, ás 18:30 h, na Casa das Máquinas de Compostela, celebrarase a xornada “A Praza de Abastos e o dereito á alimentación en Compostela”.

Os investigadores David Soto (USC-CISPAC) e Ruth Varela (UDC-CISPAC) presentarán o Informe sobre o papel da Praza de Abastos de Santiago de Compostela como centro de alimentación de proximidade, seguido dun debate cos praceiros e praceiras do Mercado de Abastos.

A continuación, terá lugar o Faladoiro sobre o dereito á alimentación e a gobernanza alimentaria, coa participación de Xan Duro, concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais de Compostela; David Soto, profesor da USC e investigador do CISPAC; Amparo Novo, profesora da USC e membro do Observatorio del derecho a la alimentación en España (ODA-E); Juan Soriano, de Entrelampo; Conchi Docampo; e Rocío García Carregal, de Slow Food Compostela. A moderación correrá a cargo de Ruth Varela e, posteriormente, abrirase un espazo de discusión co público.

A xornada contará coa participación de Juan Echanove, xefe do Equipo do Dereito á Alimentación da FAO, e coa presenza de Valeria Pasarín, membro do mesmo equipo. A apertura institucional será a cargo da alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, e do director do CISPAC, Lourenzo Fernández Prieto.

Máis información na seguinte ligazón.

Facebook
Twitter