O vindeiro 24 de novembro celebrarase o workshop ‘A fin do Imperio romano no Noroeste peninsular: o sitio de O Castelo e o seu contexto arqueolóxico e histórico’ na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia (Universidade de Santiago de Compostela). O obxectivo deste espazo será presentar os resultados obtidos neste xacemento, intercambiar posturas sobre o deseño de estratexias futuras e crear sinerxías con outras liñas de investigación.
Este acto no que colabora o CISPAC é organizado por Sputnik Labrego, o grupo de investigación SÍNCRISIS, a USC e Tempos Arqueólogos, con Carlos Tejerizo-García, Celtia Rodríguez González, José Carlos Sánchez PArdo e Pedro López Barja á fronte.
PROGRAMA
9:30-10:00 | Introdución. Pedro López Barja e José Carlos Sánchez Pardo (Grupo SÍNCRISIS, USC).
10:00-11:00 | Presentación de resultados das escavacións en O Castelo (2019-2023). Carlos Tejerizo-García (Universidad de Salamanca) e Celtia Rodríguez González (Universidade de Santiago de Compostela e CISPAC)
11:00-11:30 | Pausa café
11:30-12:00 O material cerámico de Valencia do Sil no contexto do noroeste peninsular. Roberto Bartolomé Abraira (Universidade de Vigo)
12:00-12:30 | Análise arqueobotánica en O Castelo. Estratexias produtivas e reconstrución paleoambiental. Carlos Tejerizo-García (Universidad de Salamanca); Sebastián Pérez Díaz (U. Cantabria); María Martín Seijo (U. Cantabria); Riccardo Santeramo (U. degli Studi di Genova); Nicolás Losilla (U. Granada); Jerôme Ros (CNRS)
12:30-13:00 | Análises faunísticas de O Castelo. Resultados e perspectivas no contexto do noroeste peninsular. Carlos Fernández Rodríguez
13:00-14:00 | Discusión
14:00-16:00 | Comida
16:00-16:30 | As villae e o poboamento rural romano no Noroeste peninsular durante a fin do Imperio Romano. Erik Carlsson-Brandt Fontán (U. Santiago de Compostela)
16:30-17:00 | O Castelo de Valencia do Sil no contexto da comarca de Valdeorras. Franciso Alonso Toucido (Tempos Arqueolóxicos) e Mario Pereiro (U. College London/ U. Santiago de Compostela)
17:00-17:30 | Correlación entre as evidencias de paleocontaminación atmosférica por metais e rexistro arqueolóxico durante o período romano a escala europea. Noemí Silva-Sánchez e Xosé Lois Armada (INCIPIT, CSIC)
17:30-18:00 | Pausa Café
18:00-18:30 | Conclusións. Alfonso Vigil-Escalera Guirado (U. Carlos III)