A Cova de Eirós, premio de Iniciativas Culturais e Científicas 2022

21/11/2022

Investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico – Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT) reciben o premio ás Iniciativas Culturais e Científicas 2022, outorgado na XLVª edición dos Premios da Crítica de Galicia. 

A “Investigación do Paleolítico das Serras Orientais. A Cova de Eirós (Triacastela)” recibiu o premio de Iniciativas Culturais e Científicas 2022 nos Premios da Crítica de Galicia. Esta investigación, dirixida polos investigadores do CISPAC Ramón Fábregas Valcarce (coordinador do GEPN-AAT) e Arturo de Lombera Hermida, salientou entre as restantes candidaturas non só pola súa dimensión temporal, senón tamén polo seu potencial dinamizador dun espazo rural de menos de mil habitantes, e as sinerxías xeradas coa veciñanza logo da declaración da Cova de Eirós como ben de interese cultural (BIC) na categoría de protección de xacementos arqueolóxicos. 

Máis información en  

http://premiosdacriticagalicia.org/2022/11/ditame-dos-premios-da-critica-de-galicia-2022/ 

Facebook
Twitter