Xabier Pontevedra Pombal é Profesor Titular no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É membro do Grupo de Estudos Medioambientais aplicados ó Patrimonio Natural e Cultural (GEMAP, GI-1243).
As súas liñas de investigación céntranse na análise do solo e o seu papel no funcionamento dos ecosistemas e a dinámica da paisaxe, como compoñente primordial na ocupación do territorio e no potencial produtivo. Analiza as súas as súas capacidades na aportación de bens ambientais e socioeconómicos, e o impacto asociado ao Antropoceno.
É investigador principal do proxecto “Determinación do estado de conservación, deseño de seguimento e redacción de medidas de conservación para os tipos de hábitat de turbeiras ácidas, turbeiras calcarias e paraturbosos de Galicia”, financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; e participa no proxecto “Climate Impacts of the Common Era on Aquatic Systems in NW Spain” da Axencia Estatal de Investigación de España.
Das máis de 90 traballos publicados, o 60% foron en revistas Q1 ou en editoriais internacionais. O 50% desta investigación desenvolveuse nos últimos 10 anos. Participou en 33 proxectos de investigación e en máis de 20 actividades de I+D con instituciones públicas e privadas.
Entre a súas aportacións máis destacadas inclúense:
Investigación
Transferencia