Mónica Ferrín Pereira

ORCID:0000-0002-3761-8897

Mónica Ferrín Pereira é investigadora Ramón y Cajal no departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Forma parte do grupo de investigación: Equipo de investigación Sociedades en Movemento (ESOMI). Obtivo o seu título de doutora polo European University Institute de Florencia (2012).

As súas liñas de investigación inclúen a participación política, a opinión pública, a fenda de xénero, a democracia e a metodoloxía de enquisa. Participa coma co-IP no proxecto “GENPOL III – Gender gaps in Political involvement: Age, Work-family Balance, and local and national levels” financiado polo Ministerio de Economía e competitividade.

Entre a súa produción científica destaca: 

  • (2016) con Kriesi, H., How Europeans view and evaluate democracy. Oxford University Press.
  • (2018) con Fraile, M.; García.Albacete, G., “Is it simply gender? Format, content and time in political knowledge measures”, Politics & Gender, 14(2): 162-185.
  • (2019) con Fraile, M.; García.Albacete, G., “Adult roles and the gender gap in political nowledge: a comparative study”, West European Politics, 42 (7): 1368-1389.
  • (2021) con Hernández, E., “Preferences for Consensus and Majoritarian Democracy: Long-and Short-Term Influences”, European Political Science Review, 13(2): 209-25.
  • (2021) “Self-employed Women in Europe: Lack of Opportunity or Forced by Necessity?”, Work, Employment and Society.