María Cadaval Sampedro é profesora no departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Experta en federalismo fiscal, descentralización, finanzas rexionais e locais. Dirixe a Cátedra Iberoamericana da USC. Co-directora executiva da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Subdirectora de RIFDE (Red de Investigadores en Financiación autonómica y Descentralización financiera en España. Membro de GEN (Governance and Economics Research Network). Membro do Foro Económico de Galicia.
Como investigadora no campo da Economía aplicada, o seu traballo é transversal, combina aspectos económicos, sociais e politicos. As publicacións máis recentes en revistas científicas de alto impacto abarcan temas como o impacto da consolidación fiscal sobre a intención de voto ou os factores políticos, os eventos extremos e a descentralización, custos de centralidade en áreas urbanas, avaliación da fiscalidade sobre a enerxía eólica ou a efectividade do Bono Social Eléctrico.
Participa en calidade de membro ou IP en proxectos e contratos científicos do Ministerio de Ciencia e Innovación de España (2023-2026), do Instituto de Estudios Fiscales, da Axencia Estatal de Investigación, da Xunta de Galicia ou do Consello de Contas.
Na área de transferencia e divulgación participa en diversos medios de comunicación -radio, prensa e televisión- para promover actividades académico-científicas.
Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:
Investigación
Transferencia