Lourenzo Fernández-Prieto

ORCID:0000-0003-3206-2428

Lourenzo Fernández Prieto é catedrático de Historia contemporánea no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. É coordinador do grupo de investigación: Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA) e Vicepresidente da Sociedade de Estudos de Historia Agraria (SEHA)

Especializado na historia das sociedades rurais e do cambio tecnolóxico agrario, as súas liñas de investigación inclúen a historia agraria, a historia social, o cambio tecnolóxico e a memoria, de forma máis concreta as formas de organización da produción contemporáneas nas economías agrarias orgánicas da Europa atlántica.

O máis recente dos seus proxectos competitivos é “As dúas vías de cambio e desenvolvemento agrario do século XX. Pluralismo de saberes nun marco orgánico e tecnocracia da revolución verde. A Agricultura atlántica, 1880-2000 (ECOPASADOFUTURO)Ministerio de Economía e Competitividade (2021-2024).

As súas principais contribución científicas inclúen: 

  • FERNANDEZ PRIETO, L. (1992): Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939. Edicións Xerais de Galicia.
  •  (1997): “Selección de innovaciones en una agricultura atlántica de pequeñas explotaciones. Galicia, 1900-1936. La adopción de las trilladoras mecánicas”, Historia Agraria 14 (133-163).
  •  (2007) El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX, Valencia, Editorial Tirant Lo Blanch.
  • FERNÁNDEZ PRIETO, L. CABO VILLAVERDE, M., PAN-MONTOJO, J. (2014) (eds.): Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and Rural Modernization, 1922-1945, Turnhout, Brepols.
  • LANERO TÁBOAS, D. FERNÁNDEZ PRIETO, L., (2016): “Technology Policies in Dictatorial Contexts: Spain and Portugal”, in Agriculture in Capitalist Europe, 1945 – 1960 (Martiin; Pan - Montojo; Brassley (eds.)), Oxford, Routledge.

PROXECTOS