Juan F. Castro-Cal é Científico Titular na Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Actualmente é Director científico da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital impulsada pola Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Conferencia de Rectores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e a tecnolóxica NTT DATA España.
As súas principais liñas de investigación inclúen o patrimonio dixital cultural, o emprendemento e a creación de compañías baseadas na tecnoloxía e o coñecemento a partires dos resultados de investigación.
Actualmente participa no proxecto Horizon Europe ‘European Cloud for Heritage Open Science’ (ECHOES) para a creación dn repositorio na nube para o patrimonio cultural, proxecto que naceu como resposta á chamada da Comisión Europea para construir un espazo de traballo dixital accesible para os profesionais e investigadores europeos. Igualmente está involucrado en “Metaverse and Heritage Routes as Innovative Approaches for Networking, Capacity Building and Interregional Investments” (MetaHeritage) do instrumento europeo “Interregional Innovation Investments (I3)” do European Innovation Council and SMEs Executive Agency (EISMEA) e é colíder do consorcio interrexional "Virtual and Smart Cultural Tourism" (VSCT Partnership) do Smart Specialisation Community of Practice (S3 CoP) da Comisión Europea.
Membro do proxecto de investigación é “STELLAE 5.0: Patrimonio Cultural Dixital vinculado ó Camiño de Santiago” impulsado pola Conferencia de Reitores das Universidades de la Eurorrexión Suroeste (CRUSOE) en colaboración ca Consellería de Cultura, Educación, Universidades de Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia.
Con anterioridade foi asesor científico do Consello Nacional de Ciencia y Tecnoloxía de México (CONACYT) no periodo 2018 – 2018, sendo tamén profesor visitante de varios dos Centros Públicos de Investigación adscritos a CONACYT, e da Secretaría de Educación Pública (Instituto Politécnico Nacional, CINVESTAV).
Así mesmo foi o impulsor e xestor da Unidade de Apoio á Creación de Empresas no CSIC dende a súa posta en marcha no ano 2006 e ate ó 2012 co financiamento, entre outros, da Xunta de Galicia asumindo responsabilidade directa en:
Ate a súa incorporación ó CSIC no 2003 desenvolveu unha intensa actividade no sector privado como consultor senior no eido da xestión da innovación e prospectiva tecnolóxica en varias consultoras líderes a nivel internacional. Anteriormente foi investigador na área de física como Research Fellow no Trinity College (Irlanda), as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, a Universidade “Roma II” e na Axencia Nacional para a Nova Tecnoloxía, Enerxía e o Desenvolvemento Económico Sostible (ENEA) de Italia.
Investigación
Transferencia