Jakson Renner Rodrigues Soares é profesor axudante doutor no departamento de Empresas na Facultade de Turismo da Universidade da Coruña. É coordinador do grupo de investigación Exper.Turs e da Red Iberoamericana de Investigación en Experiencia Turística, Saberes Transversales y Bienestar.

As súas investigacións céntranse no estudo do Turismo, considerando que a experiencia turística involucra distintas perspectivas, como a da comunidade local, o visitante e a industria. Nos últimos anos a súa investigación céntrase nos impactos do turismo e nas solucións para os custos desta actividade.

Foi contratado posdoutoral con financiamento público da FUNCAP-Capes (Brasil) de 2018 a 2022 investigando a innovación na rede de turismo comunitario e a súa contribución ao desenvolvemento do territorio. Ademais, conseguiu financiamento en convocatorias competitivas para investigar diferentes perspectivas do turismo, como os Impactos do turismo en Santiago de Compostela (Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións) e a Presenza das mulleres no sector turístico galego (Deputación da Coruña).

Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:

  • Romo, Raquel Santiago et al. The leaks in the pipeline and human capital management in tourism organizations. El Periplo Sustentable, n. 46, p. 306 - 328, feb. 2024.
  • De Oliveira, M. S., Soares, J. R., & Solla, X. (2024). Avaliação de Políticas Públicas de Turismo. Revista Turismo & Desenvolvimento, 45, 85-105. https://doi.org/10.34624/rtd.v45i0.33181
  • Soares, J.R.R., Barreto Lopes, A., & Solla Santos, X. (2023). Formación en turismo: Un enfoque ético, sostenible y consciente. Revista Ciencias Pedagógicas e Innovación, 11(2), 131-140. https://doi.org/10.26423/rcpi.v11i2.722
  • Soares, J.R.R. et al (2022). Residents’ Perceptions Regarding the Implementation of a Tourist Tax at a UNESCO World Heritage Site: A Cluster Analysis of Santiago de Compostela (Spain). Land 11(2):189. https://doi.org/10.3390/land11020189
  • Soares, J.R.R. et al (2022). Perceptions of the resident of Santiago de Compostela regarding tourism: effects on hospitality. Cogent Social Sciences, 8(1). https://doi.org/10.1080/23311886.2022.2109262
  • Soares, J.R.R. et al. (2021). The Role of the Local Host Community’s Involvement in the Development of Tourism: A Case Study of the Residents’ Perceptions toward Tourism on the Route of Santiago de Compostela (Spain). Sustainability, 13, 9576. https://doi.org/10.3390/su13179576
  • Simões, J.T., Soares, J.R.R., Santos Solla, X.M. (2023). Uma revisão crítica da trilogia problemática: Sustentabilidade–Alimentação-Turismo. Revista Ibérica de Sistemas e Tecnologias de Informação, 324-340.

PROXECTOS

No data was found