Horacio García é profesor titular no departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. É o actual secretario do Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF).
As súas investigacións céntranse no estudo dos ríos e a auga desde unha perspectiva diversa, que vai do eido da xeomorfoloxía ao impacto eco-social. Baixo modelos de xestión adaptativa e o coñecemento progresivo, desenvolve procesos de conservación e restauración fluvial que axuden a comprender e mellorar a relación entre río e territorio (p.e., riscos de inundación). Tamén emprega diversas técnicas SIX e de teledetección para o monitoreo de cambios ambientais nos sistemas naturais.
É autor de diversas contribucións científicas en revistas internacionais de alto impacto. Actualmente participa como investigador e/ou IP en proxectos estatais e internacionais adquiridos en concorrencia competitiva. A súa actividade docente en materias como ‘Riscos Naturais’, ‘SIX’, ‘Xeografía Física e Ordenación do Territorio’ ou ‘Sistemas fluviais’ e investigadora, é combinada con colaboracións técnicas no sector privado.
Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:
Investigación
Transferencia