Francisco Prado-Vilar

ORCID: 0000-0002-3373-7557

Francisco Prado Vilar é Investigador Distinguido na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, onde toma parte no Grupo SÍNCRISIS de Investigación en Formas Culturais (GI-1919). É doutor pola Universidade de Harvard, e exerceu postos investigadores e docentes nas universidades de Princeton, BBK-Londres, Stanford, e Complutense. Foi Director de Proxectos do Real Colegio Complutense de Harvard do que agora é fellow. Foi coordinador do Comité Científico do Proxecto de Restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, e membro do Comité do Selo de Patrimonio Europeo (European Heritage Label).

As súas liñas de investigación caracterízanse pola diversidade cronolóxica, temática e metodolóxica e o seu alto grao de impacto en varias ramas das humanidades entre as que destacan o estudo e a conservación do patrimonio, mediante a exploración de novos horizontes do coñecemento.

Participa en calidade de investigador principal no “Mellon Program of Research and Conservation of the Portal of Glory” financiado pola Fundación Mellon e a Fundación General de la Universidad Complutense de Madrid; e, con anterioridade, no proxecto “Arte y cultura europea: Trasfondo clásico e impacto en los discursos de la modernidad” (HA2010-20357), que foi financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Entre as súas contribucións bibliográficas máis recentes inclúense:

  • F. Prado-Vilar, “The Marble Tempest: Material Imagination, the Echoes of Nostos, and the Transfiguration of Myth in Romanesque Sculpture”, en Icons of Sound: Voice, Architecture and Imagination in Medieval Art, ed. Bissera V. Pentcheva (New York: Routledge, 2020), pp. 152-205. ISBN 9780367440879.
  • F. Prado-Vilar “The Superstes: Resurrection, the Survival of Antiquity, and the Poetics of the Body in Romanesque Sculpture”, en Transformatio et Continuatio – Forms of Change and Constancy of Antiquity in the Iberian Peninsula 500-1500, ed. H. Bredekamp e S. Trinks (Berlin and Boston: De Gruyter, 2017), pp. 137- 88. ISBN: 9783110471991.
  • F. Prado-Vilar, “The Awakening of Endymion: Beauty, Time, and Eternity in Romanesque Sculpture and Its Photographic Afterlife”, Codex Aquilarensis 35, Special issue: Beauty, Persuasion and Rhetoric in Medieval Art (2019), pp. 223-51. ISBN: ISSN 0214-896X.

así como a edición dos libros:

  • El Pórtico de la Gloria: Arquitectura, materia y visión /The Portal of Glory: Architecture, Matter, and Vision (Madrid: Editorial Fundación Complutense, 2020) ISBN: 978-84-123063-0-9.
  • El Pórtico de la Gloria: Restauración, policromía y la transfiguración de la materia (Madrid: Editorial Fundación Complutense, 2022) ISBN 978-84-123063-1-6.