Fernando Agrasar Quiroga é profesor titular no departamento de Proxectos arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. É coordinador do grupo de investigación GICAP, membro da comisión técnica de Docomomo Ibérico e académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes.
As súas investigacións céntranse no estudo da Arquitectura como feito artístico e na súa consideración como herdanza patrimonial, especialmente da arquitectura contemporánea e nas interaccións entre arquitectura e paisaxe. Estas investigacións coexisten coa súa actividade profesional como arquitecto, centrado na rehabilitación, no estudo e na intervención sobre o patrimonio arquitectónico.
Recentemente ten participado en proxectos como “Caracterización del Surrealismo Hispánico. Recuperación, digitalización y edición de las revistas Surrealistas de México, Perú y República Dominicana” (FFI2016-75110-P), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade; ou “Proxecto de rehabilitación das cortes do Pazo de Lóngora como biblioteca do CEIDA”.
Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:
Investigación
Transferencia