Javier Sanz Larruga é Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña, onde forma parte do Grupo de Investigación Dereito Público Global como responsable da sección de Ordenación do Litoral.
Dende fai máis de 25 anos traballa no campo do dereito ambiental, tendo participado na Xunta Directiva da Asociación de Derecho Ambiental Español (ADAME) e, na actualidade, pertence ao Observatorio de Políticas Ambientales (OPAM). Dirixe, dende a súa creación, o Observatorio del Litoral na Universidade da Coruña, estando as liñas de investigación orientadas aos temas relativos ao litoral: seguridade marítima, ordenación do litoral, xestión integrada das costas, planificación espacial mariña, protección do medio mariño, etc. Dirixiu doce teses doutorais, principalmente no campo do dereito ambiental. É coordinador do Módulo de Economía Circular e Sustentable do Campus de Sustentabilidade e membro do Instituto Universitario de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. É membro da Comisión Académica do Programa de Doutoramento “DO MAR” do Campus Internacional do Mar. É membro do consello científico-asesor da Revista Aranzadi de Dereito Ambiental e da revista electrónica Actualidad Jurídica Ambiental. Pertence á Asociación para la Sostenibilidad y Progreso de las Sociedades (ASYPS). Foi inverstigador visitante nas Universidades de Limoges (Francia) e UC Berkeley (Estados Unidos)
Entre as súas contribución bibliográficas máis destacadas inclúense a edición das seguintes obras:
Investigación
Transferencia