Emilio F. Grandío Seoane é Profesor Titular de Historia Contemporánea no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. É responsable do Grupo de investigación Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA, GI-1928) da USC, e membro, entre outras asociación, da “Network for the Study of Fascisms, Authoritarianisms and Totalitarianisms” (REFAT) e “The Right Wing, History and Memory” (DHM)
As súas principais liñas de investigación céntranse no estudo da II República Española e o comezo do franquismo, a intervención extranxeira na Península Ibérica durante e despois da II Guerra Mundial, as redes de información no ámbito da devandita conflagración, así como das relación culturais e das elites políticas entre España e Gran Bretaña.
Redactor dos Informes históricos sobre a propiedade e devolución ó publico do Pazo de Meirás (Deputación da Coruña -2018- e Xunta de Galicia -2019-), Casa Cornide (Concello da Coruña -2020-) e na actualidade Presidente da Comisión de Expertos sobre a devolución das estatuas do Mestre Mateo (Concello de Santiago/Xunta de Galicia -dende 2021...-. Coordinador do Proxecto de Investigación ‘Patrimonio y espacios de la memoria democrática en Galicia’ (Ministerio de la Presidencia, relaciones con las Cortes y Memoria Democrática -2021/2022-)
Entre as súas contribucións académicas máis destacadas inclúense:
Investigación
Transferencia