Eduardo Rico Boquete é Profesor Titular no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, onde participa no Grupo de Investigación en Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA, GI-1657).
As súas liñas de investigación principal diríxense cara a comprensión dos cambios experimentados no uso e explotación dos terreos forestais a longo prazo no contexto español, con especial atención aos procesos de deforestación e reforestación; así como ao estudo dos efectos dos encoros sobre a paisaxe e as comunidades locais. Tamén ten analizado os procesos de substitución das especies forestais autóctonas por novas especies colonizadoras, as perdas de biodiversidade e os incendios forestais.
Entre as súas publicacións máis destacadas inclúense:
- RICO BOQUETE, E (2014). «La industria del aserrío mecánico en Galicia, 1856-1935». Historia Agraria, (62), 83-116.
- RICO BOQUETE, E (2016). «La actividad repobladora del patrimonio Forestal del Estado en los años del desarrollismo : un estudio sobre dos montes de Guadalajara (1959-1975)». Estudios Rurales, 6, (11), 70-93.
- RICO BOQUETE, E (2018). «Los incendios y la repoblación forestal pública en Galicia, 1909-1975». En F. Díaz-Fierros Viqueira (coord.), Incendios forestales. Reflexiones desde Galicia (pp. 48-67). A Coruña: Hércules de Ediciones, S.A.
- RICO BOQUETE, E (2018). «Las ayudas públicas a la repoblación forestal privada en Galicia, 1952-1992». Semata, (30), 319-338.
- RICO BOQUETE, E (2021). «Construcción de encoros e empobrecemento rural : As Conchas (Ourense), 1943-1950». En A. Artiaga Rego, X. Balboa López, L. Fernández Prieto, E. Rico Boquete (eds.), Á volta do tempo. Estudios en Historia Contemporánea (pp. 259-294). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, S.A.