Edelmiro López Iglesias é Profesor Titular e Director do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. De 1999 a 2005 foi Director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA); e de agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Actualmente coordina o Grupo de investigación de Referencia Competitiva Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC, GI-1899).
As súas liñas de investigación céntranse na economía e política agraria, con especial atención á dinámica das estruturas agrarias e á mobilidade e abandono de terras, o desenvolvemento rural e a economía rexional.
Actualmente participa en proxectos de investigación como: SHERPA - Sustainable Hub to Engage into Rural Policies with Actors. Call H2020-RUR-2019-1 (862448), financiado pola Comisión Europea no marco do programa Horizonte 2020; ou Grupo Operativo GAyAS: comida de origen, desde la aldea a casa, financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación na Convocatoria de ayudas a grupos operativos de la AEI-Agri, en el marco del Programa Nacional de Desarrollo Rural 2014-2020. A iso únense as actividades de transferencia, plasmadas na dirección de contratos e convenios con diversas entidades públicas e privadas.
Entre as súas publicacións máis salientables nos últimos anos inclúense:
Investigación
Transferencia