César Domínguez é catedrático de literatura comparada no departamento de Lingua e literatura españolas, teoría da literatura e lingüística xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación: Estudos dos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de lingua portuguesa. Actualmente é membro do Stockholm Collegium of World Literary History, da Academia Europea, do Harvard Institute for World Literature, dirixindo asemadoe o Laboratorio galego de ecocrítica.
As súas liñas de investigación máis recentes xiran ao redor da ecocrítica, unha área que se centra na análise literaria, en relación co medio, dende unha perspectiva transdisciplinar.
Nos últimos anos ten liderado, como investigador principal, “Europe, in comparison: EU, identity and the idea of European literature EUROCOM” (FFI2010-16165), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación; ou “Medieval literatures in a world context. Towards a problematization of the literary Middle Ages, LITMECOM” (INCITE09-204-073PR), financiado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Entre as súas achegas bibliográficas cómpre salientar:
Investigación
Transferencia