Carlos Ferrás Sexto

ORCID:0000-0001-9499-3784

Carlos Ferrás Sexto é Profesor Titular do Departamento de Xeografía na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación: Nuevos Medios (Tendencias, Cibermedios, Impresos). Tamén é membro do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

As súas liñas de investigación máis recentes encádranse nos novos campos de estudo da xeografía, tales como a psicoxeografía ou a xeografía psicoanalítica, centrándose a análise no impacto do medio sobre a saúde mental e os patróns emocionais e de comportamento, cunha especial atención ás capas sociais con maior vulnerabilidade ao respecto.

Actualmente participa en proxectos como a Consolidación 2020 GPC GI-1641 Novos Medios (Tendencicas, Cibermedios, Impresos) ou en “Mapas Divertidos. Achegando a xeografía aos máis novos”.

Entre a súa aportación bibliográfica recente cómpre salientar: 

  • García, Y., Ferrás, C., & Ginzo, M.J. (2020). Effectiveness of a Psychosocial Therapy with SMS in Immigrant Women with Different Degrees of Depression. Social Sciences 9 (5), 63.
  • Ferrás, C., Vázquez, M. Y., C. F., Aguilera, A., Rocha, Á. (2017). How can Geography and mobile phones contribute to Psychotherapy? Journal of Medical Systems, 41 (6), 92.
  • Vázquez, M. Y. G., Sexto, C. F., Rocha, Á., & Aguilera, A. (2016). Mobile Phones and Psychosocial Therapies with Vulnerable People: a First State of the Art. Journal of Medical Systems, 40(6), 157.
  • Warf, B.; Ferrás, C. (2015). Nationalism, identity and landscape in contemporary Galicia. Space and Polity 19.3, pp. 256-272.
  • Ferrás Sexto, C. (2021). Cidades dispersas e aldeias virtuais no pós-pandemia da Covid-19. Finisterra, 55(115), 243248. 

PROXECTOS

No data was found