Carlos Diz Reboredo

ORCID:0000-0002-9753-7730

Carlos Diz Reboredo é profesor axudante doutor no departamento de Socioloxía e Ciencias da comunicación da Universidade da Coruña. Obtivo o seu título de doutor na devandita institución en 2017. Membro do equipo de investigación “Sociedades en Movemento” (ESOMI), tamén colabora co Grup de Recerca en Exclusió i Controls Socials da Universitat de Barcelona.

As súas liñas de investigación encádranse no eido do activismo e dos movementos sociais, analizando os procesos de mobilización social experimentados no estranxeiro pola chamada “nova emigración española” e centrándose, en particular, no estudo do activismo vinculado aos colectivos de migrantes galegos e españois.

Na actualidade participa nos seguintes proxectos de investigación: “Culturas Emergentes de la precariedad móvil en la gig economy digital: Un estudio de caso sobre el sector del reparto de comida a domicilio en España (RIDERS)” (PID2020-115170RB-100), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación/Axencia Estatal de Innovación; “Integración y retorno de la "nueva emigración española": un análisis comparado de las comunidades de españoles en el Reino Unido y Francia” (PID2019-105041RA-100), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.

Entre as publicacións máis salientables, inclúense as seguintes:

  • “The Lost City: The Pathos of Arab Jerusalem. In Urban Dreams: 50 Years of Invisible Cities”. Edited by Benjamin Linder. Editorial: Palgrave;
  • “Caring Democracy Now: Neighborhood Support Networks in the Wake of the 15-M”. Social Movement Studies 21(1). Carlos Diz, Brais Estévez, Raquel Martínez-Buján;
  • “Música trap en España: estéticas juveniles en tiempos de crisis”. AIBR, Revista Iberoamericana de Antropología 16(3), 583-607. Raúl Rey-Gayoso, Carlos Diz;
  • “Campus Greening from Social Sciences: emerging formulas on social responsibility and teaching innovation”. International Journal of Sustainability in Higher Education 21(7), 1545- 1561. Raquel Martínez-Buján, Elvira Santiago-Gómez, Carlos Diz, Jose A. Cortes-Vazquez, Montserrat Golías; ou
  • “Muros, racismo y resistencias. Movilidad humana a lomos de La Bestia”. Izquierdas 49, 3721-3737. Eleder Piñeiro Aguiar, Carlos Diz.