Actualmente é investigador Ramón y Cajal no Departamento de Historia (Área de Prehistoria) da Universidade de Santiago de Compostela, onde investiga sobre evolución humana a través do estudo dos restos osteoarqueolóxicos prehistóricos. Con anterioridade foi investigador Marie Curie do Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Cambridge (2020-2023) e investigador Juan de la Cierva no Instituto Internacional de Investigaciones Prehistóricas de Cantabria da Universidad de Cantabria (2018-2020). En todas estas universidades impartiu tamén docencia en Prehistoria, Evolución Humana e Antropoloxía Biolóxica.

Director do Proxecto Arqueolóxico na Cova de El Pendo (Cantabria), xacemento declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, desde 2016 e coordinador do Working Group TapHomo (2017-2022) da rede do CNRS Taphen. Realizou traballo de campo en América do Sur, Centroamérica, Europa e máis recentemente en África. En todos estes lugares o seu interese foi o estudo das sociedades cazadoras recolectoras a través do estudo dos restos óseos para comprender aspectos sobre o comportamento humano, a paleoecoloxía ou a evolución biolóxica das sociedades do pasado. O seu interese no desenvolvemento metodolóxico tamén o levou a traballar en cronoloxías más recentes, e actualmente a súa investigación céntrase na interacción entre as poboacións humanas e a enfermidade (Paleopatoloxía).

Forma parte de distintos grupos de investigación, ademáis de ser investigador afiliado ao Turkana Basin Institute (Kenia), membro vitalicio do Institut für Naturwissenschaftliche Archäologie da Universidade de Tubinga (Alemania) e Senior Member do King’s College Cambridge (Reino Unido). Licenciouse en Historia pola Universidad Autónoma de Barcelona (2010), onde tamén cursou un Mestrado en Arqueoloxía Prehistórica. Doctorouse na Universidad Rovira i Virgili con unha bolsa predoutoral FI da Generalitat de Catalunya no Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social (IPHES) (2013-2016). Realizou unha estancia predoutoral dun ano na Universidade de Tubinga. Tamén ten un Mestrado en Ciencias Forenses pola Universidad de Valencia, e imparte anualmente un curso de doutoramento sobre Ciencias Forenses na Universidad de Cantabria.

PROXECTOS