Beatriz Prieto Lamas

ORCID:0000-0001-9243- 6829

Beatriz Prieto Lamas é profesora titular no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Estudo Medioambientais Aplicados ao Patrimonio Natural e Cultural (GEMAP, GI-1243). É membro do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS).

A súas liñas de investigación principal céntranse entre outras cuestións no estudo do impacto e a interacción entre os diversos axentes presentes na atmosfera e o patrimonio monumental, a monitorización bioclimática, o desenvolvemento de metodoloxías non destrutivas para o estudo do patrimonio e o desenvolvemento de estratexias de conservación do mesmo.

Actualmente exerce como investigadora principal no proxecto “Desenvolvemento de protocolos de limpeza da colonización biolóxica perdurable para a súa aplicación en bens do Patrimonio Cultural. Xunta Galicia- Consellería Cultura, Educación e Universidade.

Tamén participou en proxectos recentemente finalizados como “Caracterización de rocas y restos de policromía de la fachada de Quintana de la Catedral de Santiago de Compostela” (Restauración 2020). Parteluz Estudio SL; ou “Selección de hidrofugantes a emplear en el enlosado granítico de la fachada al Patio de Xelmírez de la Catedral de Santiago de Compostela. Estudio comparativo”. PECSA Promociones, edificios y contratas S.A.

Entre a súa producción máis salientable inclúese:

  • D. Vázquez-Nion , B. Silva, B. Prieto (2018). Bioreceptivity index for granitic rocks used as construction material. Science of the Total Environment 633 (2018) 112- 121. D.O.I: 10.1016/j.scitotenv.2018.03.171. Q1, percentil 89.05 (27/251) Environmental Sciences.
  • Sanmartín, P.; Fuentes, E.; Montojo, C.; Barreiro, P.; Paz-Bermudez, G.; Prieto, B. 2019. Tertiary bioreceptivity of schists from prehistoric rock art sites in the Côa Valley (Portugal) and Siega Verde (Spain) Archaeological Parks: effects of cleaning treatments. International Biodeterioration & Biodegradation 142: 151-159. Q1, percentile 77.2 (36/156) Biotecnology and Applied Microbiology.
  • Prieto, B.; Vázquez-Nion, D.; Fuentes, E.; Durán-Román, A.G. 2020. Response of subaerial biofilms growing on stone-built cultural heritage to changing water regime and CO2 conditions. International Biodeterioration & Biodegradation 148, 104882. Q1, percentile 77.2 (36/156) Biotecnology and Applied Microbiology (2019).
  • Prieto, B.; Sanmartín, P.;Cancelo-González, J.; Torres, L.; Silva,B. 2021. Impact of Herbicide Treatments onthe Construction Materials in the Roman Wall of Lugo, Spain (UNESCO World Heritage Site). Appl.Sci. 2021, 11, 5276. Q2, percentil 67,94 (55/170) Engineering, Multidisciplinary (2020).
  • Prieto B.; Young M.E., Turmel A.; Fuentes E. (2022). Role of masonry fabric subsurface moisture on biocolonisation. A case of study. Building and Environment. Q1, percentil 96 (6/136) Engineering, Civil.

PROXECTOS