Ana Ballesteros Pena é investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña e participa no grupo de investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) e Xénero e Política (GEYPO, UCM).
As súas principais liñas de investigación inclúen as prisións e as políticas penitenciarias, o control de fronteiras e a detención migratoria cunha perspectiva de xénero e interseccional.
Nos últimos anos, foi investigadora principal do proxecto GEIPP Gender Equality and Intersectionality in Prison Policies: A Multi-Governed Analysis (2023-2025), no marco dun contrato postdoutoral Marie Skłodowska-Curie (UNA4CAREER-COFUND) na Universidade Complutense de Madrid (UCM). Actualmente, participa no equipo de investigación dos proxectos nacionais La frontera de la legalidad y los retos del derecho penitenciario: fortaleciendo las garantías en la ejecución penal (FORTLEG PID2024-157155NA-I00) e Crisis política y sistema penal multiescalar (MultipLex PID2024-157636NB-I00) e internacionais Prison Transparency Project PTP, financiado pola Social Sciences and Humanities Research Council SSHRC, Canada, e Expulsões: medidas compulsórias e aprisionamentos de estrangeiros em perspectiva interseccional e comparada, financiado pola Fundação de Amparo à Pesquisa do Estado de São Paulo, Brazil.
Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense: