Marco Armiero é investigador Oportunius na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou postos posdoutorais nas universidades de Yale e Stanford e foi investigador visitante en UC Berkeley e na Universidade de Coimbra. Concedeuselle a prestixiosa cátedra de profesor visitante Barron na Universidade de Princeton, que rexeitou. Dirixiu o Laboratorio de Humanidades Ambientais do KTH en Suecia durante dez anos e foi profesor investigador do ICREA na Universidad Autónoma de Barcelona de 2023 a 2025.

Armiero é un pionero en historia ambiental e humanidades ambientais. A súa investigación contribuiu a consolidar a historia medioambiental da migración como campo de estudio, mentres que conceptos como o «Wasteoceno», a «infraestrutura narrativa tóxica» e as «ecoloxías políticas fascistas» inspiraron novas liñas de investigación. O seu libro Wasteocene: Stories from the Global Dump (Cambridge University Press, 2021) supuxo unha importante contribución aos debates sobre o Antropoceno e foi traducido ao italiano, español, francés, chinés e bosnio-croata-serbio.

Ao longo da súa carreira, Armiero combinou a investigación académica co seu compromiso coas comunidades marxinadas e coa xustiza medioambiental, social e narrativa. Foi presidente da Sociedade Europea de Historia Medioambiental e forma parte da xunta directiva do Consorcio Internacional de Organizacións de Historia Medioambiental. É editor xefe de Resistance: A Journal of Radical Environmental Humanities.

Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:

  • Wasteocene. Stories from the Global Dump (Cambridge University Press 2021)
  • Mussolini’s Nature. An Environmental History of Italian Fascism (with Roberta Biasillo & Wilko Graf von Hardenberg) (MIT 2023; Einaudi 2022; Comares 2026)
  • Vajont. A Political Ecology of an Unnatural Disaster (MIT 2026; Einaudi 2023)
  • Environmental History of Modern Migrations (edited volume with Richard Tucker) (Routledge 2017)
  • A rugged nation: Mountains and the making of modern Italy: Nineteenth and twentieth centuries (White Horse Press 2011; Einaudi 2013)
  • Seeing like a protester: nature, power, and environmental struggles, Left History 13.1 (2008): 59-76
  • Future remains: a cabinet of curiosities for the Anthropocene (edited volume with Gregg Mitmann and Rob Emmett, University of Chicago Press 2018

PROXECTOS

No data was found