Antonio Losada é Profesor Titular do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación: Equipo de Investigaciones Políticas. Foi coordinador do Mestrado Universitario en Xestión Pública da USC (2009-2011) e do programa de Doutoramento en Ciencias Políticas de dita univrsidade (2009-2016).
As súas principais liñas de investigación xiran en torno ao estudo das conexión existentes entre as políticas, identidade nacional e institución, cun foco especial en Galicia e no impacto das políticas autonómicas e do desenvolvemento das autonomías; ao estudo das políticas públicas sociais e de benestar co foco nos procesos de decisión, a formulación e a súa implementación e avaliación de resultados; así como á análise das relacións entre as políticas públicas e os medios de comunicación.
Nos últimos anos ten participado en proxectos como:
O sector forestal galego. Futuro e perspectivas. Entidad financiadora: Quadernas. 2018
Consolidación e estruturación 2018 grcgi-1161 Equipo de investigacións políticas. Xunta de Galicia convocatoria: Plan galego de i+d+i.
Entre as súas publicacións destacan:
Investigación
Transferencia