Ana Cabana Iglesia é profesora titular no departamento de Historia, na área de Historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación en Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA).
As súas liñas de investigación xiran ao redor do estudo da sociedade rural no século XX, con especial referencia ás actitudes sociais, ao conflito socioambiental, á propiedade comunal e á historia das mulleres.
Na actualidade é IP dos proxectos "La agricultura familiar en perspectiva de género: trabajo reproductivo, saberes ambientales y modelos de feminidad en Galicia y Andalucía 1900-2011" (PID2023-151334NB-100) do Ministerio de Educación e "Ciencia á Feira" da FECYT e investigadora do proxecto "Fighting for gender and food justice: rural women's struggles in Portugal, Galicia, and the Basque Country" financiado pola Independent Social Research Foundation.
Algunhas das súas publicacións salientables son:
Investigación
Transferencia