Xornadas de Presentación do CISPAC - Paisaxes visitadas. Conferencia de Carlos Costa

21 out 2022

Nas Xornadas de inauguración do CISPAC, ao longo de 5 sesións, presentáronse os campos de traballo do novo centro de investigación das tres universidades galegas, con cinco conferencias maxistrais e outras tantas mesas de debate de expertos académicos e do mundo social, productivo e da administración. Formúlanse nestas xornadas problemas importantes cuxa resolución pode resolverse dende a investigación universitaria, pero que deben ser aplicados nos seus contextos. Asuntos centrados nas paisaxes que teñen xente, nas que producen, na súa gobernanza, no patrimonio que posúen e nos visitantes que as disfrutan.